[sic]

  • Novas
  • Proxectos
    • [Animacións]
    • [Anuncios]
    • [Doc]
    • [Multimedia]
    • [Performances]

[*] laboratorio audiovisual onde se desenvolven ferramentas de comunicación baseadas na experimentación multimedia [sic]

vídeo, videoclip, video-arte, instalación, exposición, exhibición, eventos, espazos, tipografía dixital, e-book, redes sociais, naming, multimedia, novos soportes, tecnoloxía móbil [sic]

división do estudio de deseño gráfico e comunicación
uqui ||||| cebra [sic]

 

Porto de Amio, 20 - 981 576201
15707 - Santiago de Compostela

sic@sic-lab.net

Rías Baixas. Territorio Gastronómico.

admin — Xov, 01/19/2012 - 16:16

Este proxecto ten como eixo vertebrador unha publicación homónima, coordinada por Uqui Permui e Marta Lucio, que recorre este lugar onde o mar entra co seu sinuoso perfil e provoca un hábitat especial para a reprodución de determinados peixes e mariscos, e un microclima propio para a terra: as Rías Baixas. Un territorio cunha determinada forma de entender e crear a gastronomía.

O libro introdúcenos por medio de entrevistas, realizadas polos escritores Manuel Gago e Jorge Guitián, na cociña de nove prestixiosos cociñeiros: Alberto González de Silabario, Rafa Centeno de Maruja Limón, Iñaki Bretal e Roberto Filgueira de Eirado da Leña, Pablo Romero de Allo e Aceite, Pepe Solla, Xosé T. Cannas de Pepe Vieira, Yayo Daporta, Antonio Botana de Pandemonium e Javier Olleros de Culler de Pau, que nos falan dos seus procesos creativos.

Os nove cociñeiros detallan ademais vinteseis receitas fotografadas por Francesc Guillamet. Un libro de autor, perfecto para aqueles que queiran, non só descubrir, senón saborear este lugar. Rías Baixas. Territorio Gastronómico recibiu o Gourmand CookBook Award na súa edición española na modalidade de cociña local, optando ao premio internacional do mesmo que se fallará en París en marzo deste ano.

  • Engadir novo comentario.

Doli, doli, doli... Coas conserveiras. Rexistro de traballo.

admin — Ven, 02/18/2011 - 13:09

En 1989, preto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas. Mentres estiveron pechadas gravaron un documental contando o que estaba sucedendo. A partir dese material, realicei este novo documental que narra a historia contada polas mesmas protagonistas, mesturando pasado co presente.

Longametraxe documental dirixida por Uqui Permui, gravada durante o 2009 e 2010. Co apoio da Agadic.

Proxeccións:

2012

Santiago de Compostela | Mércores 1 de febreiro | 21.30 h | Cineclube de Compostela
 

2011

A Coruña | 18 de marzo | Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán
(Estrea)

Santiago de Compostela | Xoves 31 de marzo | 19.30 h | CSC do Ensanche
(Organiza Andaina. Revista de pensamento feminista)

A Coruña | Xoves 7 de abril | 10.30 h | Facultade de Socioloxía
(Ciclo de cine documental "Unha ollada ao social galego")

Illa de Arousa | Domingo 17 de abril
(Presentación)

  • Engadir novo comentario.
  • Leer máis

Cabeceira "Ao fío do retrato"

admin — Lun, 08/30/2010 - 12:39

Cabeceira para a serie documental “Ao fío do retrato”, producida por Ibisa TV para a TVG. Cada programa presenta un personaxe da vida social e cultural de Galicia a través de retratos e conversas co fotógrafo Anxo Cabada. Para a realización da cabeceira partiuse de fotografía fixa sobre a que vai desenvolvendo a gráfica, guiada por un novelo que tamén se converte en texto. A música orixinal é de Rodrigo Romaní.

  • Engadir novo comentario.

Premio Auditorio de Galicia 09

admin — Mér, 03/03/2010 - 18:49

 

O Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, que este ano celebrou a súa sexta edición, é xa un referente para os creadores emerxentes galegos. Para o catálogo desta edición propúxose un novo formato: un DVD multimedia que inclúe toda a información das pezas e artistas seleccionados, así como unha visita virtual á exposición a través da súa gravación en vídeo. O catálogo recolle tamén o rexistro das instalacións específicas, textos explicativos dos autores sobre a súa obra, traxectorias e outras creacións anteriores.

  • Engadir novo comentario.
  • 1
  • 2
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

  • Galego
  • Español
  • English

Premios Auditorio


Libro interactivo dos Premios Auditorio de Galicia 09

 

Cineuropa 2010

 
Vídeo presentación Cineuropa 2010. Chega novembro, e con el Cineuropa ás rúas de Santiago. É o festival de Cine que máis xente move en toda Galicia, unha cita ineludible no panorama cultural Compostelano.

La 8 - CCG

A principios de xullo fumos grabar á Rosa dos Ventos, nas inmediacións da Torre de Hércules, o espectáculo de danza  "La 8" a cargo do Centro Coreográfico Galego (CCG).

Fixemos a posprodución da peza tanto en imaxe coma en son con dous produtos finais: unha promo de cinco (5) minutos e por outra banda o espectáculo enteiro de vinte (20) minutos de duración.

Zona C

Concellaría de Cultura, Santiago de Compostela, 2008 e 2009 20 min. Entrevistas-reportaxes. A Zona C é o espazo da Concellaría de Cultura para a intervención artística dos novos creadores vinculados á cidade.